Abrir menu principal
Joana, dix'eu, Sancha e Maria
por Pero Garcia Burgalês


Joana, dix'eu, Sancha e Maria
eno meu cantar, com gram coita d'amor;
e pero nom dixe por qual morria
de todas três, nem qual quero melhor,
nem qual me faz por si o sem perder,
nem qual me faz ora por si morrer,
de Joana, de Sancha, de Maria.
  
Tant'houve medo que lhe pesaria
que nom dixe qual era mia senhor
de todas três, nem a por que morria,
nen'a que eu vi parecer melhor
de quantas donas vi e mais valer
em todo bem; non'a quige dizer
tant'houve medo que lhe pesaria.
  
E pero mais tolher nom me podia
do que me tolhe, pero m'hei pavor:
tolhe-mi o corpo que já nunca dia
éste, nem noite, que haja sabor
de mim nem d'al! Que mi há mais a tolher?
Nom vej'ela, que moiro por veer,
que éste o mais que me tolher podia!
  
E por aquest'eu viver nom querria,
per bõa fé, ca vivo na maior
coita do mundo des aquele dia
que a nom vi, ca nom houve sabor
de mim nem d'al, nem vi nunca prazer.
E pois me vej'em tal coita viver,
Deus me confonda se viver querria!
  
Ca esta dona me tolheu poder
de rogar Deus e fezo-me perder
pavor de morte, que ante havia.