Abrir menu principal
María Balteira, por que jogades
por Pero Garcia Burgalês


María Balteira, por que jogades
os dados, pois a eles descreedes?
Ũas novas vos direi, que sabiades:
con quantos vos conhocen vos perdedes,
ca vos direi que lhis ouço dizer:
que vós non devedes a descreer,
pois dona sodes e jogar queredes.

E, se vos daquesto non castigades,
nulh'home non sei con que ben estedes,
pero mui boas maneiras hajades,
pois daquesto tan gran prazer havedes
de descreerdes; e direi-vos al:
se vo-lo oír, terrá-vo-lo a mal
bon home, e nunca con el jogaredes.

E nunca vós, dona, per mi creades,
per este descreer que vós fazedes,
se en gran vergonha pois non entrades
algũa vez con tal hom'e marredes:
ca sonharedes nos dados entón,
e se descreerdes, se Deus mi perdón,
per sonho, mui gran vergonça haveredes.