Moir', amiga, desejando

Moir', amiga, desejando
meu amigu', e vós no vosso
mi falades e non posso
estar sempr'en esto falando.
     Mais queredes falar migo?
     Falemos no meu amigo.

Queredes que toda vía
eno voss'amigo fale
vosqu'e, se non, que me cale,
e non poss'eu cada día.
     Mais queredes falar migo?
     Falemos no meu amigo.

Amiga, sempre queredes
que fale vosqu'e falades
no voss'amigu'e cuidades
que poss'eu; non o cuidedes.
     Mais queredes falar migo?
     Falemos no meu amigo.

Non havedes d'al coidado,
sol que eu vosco ben diga
do voss'amigu'e, amiga,
non poss'eu, nen é guisado.
     Mais queredes falar migo?
     Falemos no meu amigo.