Mort'é Don Martín Marcos, ai Deus, se é verdade?

Mort'é Don Martín Marcos, ai Deus, se é verdade?
por Pêro da Ponte


Mort'é Don Martín Marcos, ai Deus, se é verdade?
Sei ca se el é morto, morta é torpidade,
morta é bavequía
e morta neiciidade,
morta é covardía
e morta é maldade.

Se Don Martinh'é morto, sen prez e sen bondade,
oimais, maos costumes, outro senhor catade;
mais non o acharedes
de Roma ata cidade;
se tal senhor queredes,
alhu-lo demandade.

Pero un cavaleiro sei eu, par caridade,
que vos ajudari'a tolher del soidade;
mais que vos diga onde
.................... ben verdade
non éste rei nen conde,
mais é-x'outra podestade,

que non direi,
que direi,
que non direi...