Abrir menu principal

Nom me poss'eu, mia senhor, defender

Nom me poss'eu, mia senhor, defender
por Pero Garcia Burgalês


Nom me poss'eu, mia senhor, defender
que me nom mate cedo vosso amor
se m'eu de vós partir, ai mia senhor,
pois mi aqui vem ante vós cometer:
       ca pois mi Amor ante vós quer matar,
       matar-xe-mi-á, se me sem vós achar.
  
E, mia senhor, al vos quero dizer
de que sejades ende sabedor:
nom provarei eu, mentr'eu vivo for,
de lhe fogir, ca nom hei en poder:
       ca pois mi Amor ante vós quer matar,
       matar-xe-mi-á, se me sem vós achar.
  
Pois mi ante vós em tam gram coita tem
e me tolheu, mia senhor, o dormir,
nom quer'eu já provar de me partir
d'u fordes vós, ca faria mal sem:
       ca pois mi Amor ante vós quer matar,
       matar-xe-mi-á, se me sem vós achar.