Abrir menu principal
Non vos nembra, meu amigo
por Pero Garcia Burgalês


Non vos nembra, meu amigo,
o torto que mi fezestes?
Posestes de falar migo,
fui eu, e vós non veestes.
     E queredes falar migo,
     e non querrei eu, amigo!

Jurastes que toda vía
verriades de bon grado,
ante que saíss'o día;
mentistes-mi, ai perjurado!
     E queredes falar migo,
     e non querrei eu, amigo!

E aínda me rogaredes
que fal'eu algur convosco,
e por quanto mi fazedes
direi que vos non conhosco!
     E queredes falar migo,
     e non querrei eu, amigo!