Abrir menu principal
Ora vej'eu que xe pode fazer
por Pero Garcia Burgalês


Ora vej'eu que xe pode fazer
Nostro Senhor quanto xe fazer quer:
pois me tam bõa dona fez morrer
e mi ora fez veer outra molher,
per bõa fé, que amo mais ca mi!
E nunca me Deus valha, poila vi,
se me nom fez tod'al escaecer!
  
Tanto a vi fremoso parecer
e fremoso falar que sol mester
nom m'houvera per rem de a veer!
E se vos eu verdade nom disser,
nom me dê Deus dela bem, nem de Si:
ca nunca tam fremosa dona vi
de quantas donas pude conhocer.
  
E por atal cuido sempr'a viver
em grave coita, mentr'eu vivo for;
ca me fez ela mui gram coit'haver
de que jamais nom será sabedor
nunca per mim; ca eu nom lha direi,
mal pecado!, nem amigo nom hei
que lha nunca por mim queira dizer.
  
Ca me nom posso hoj'amigo saber
(nem mi o quis nunca dar Nostro Senhor)
tal que por mim fezess'entender
com'hoje moiro polo seu amor;
e pois que eu tal amigo nom hei,
morrer poss'eu, mais nunca lho direi,
pero me vejo por ela morrer.
  
Pero se lho por mim dissess'alguém,
bem cuido dela que nom desse rem,
nem por mia morte, nem por eu viver.