Abrir menu principal

Par Deus, senhor, já eu nom hei poder

Par Deus, senhor, já eu nom hei poder
por Pero Garcia Burgalês


Par Deus, senhor, já eu nom hei poder
de nom dizer de quanto mal me vem
por vós, que quero melhor doutra rem,
que me fez Deus, por meu mal, bem querer;
ca me fazedes já perder o sem
e o dormir, senhor, e praz-vos en
e trage-m'em gram coita voss'amor:
       tod'este mal me por vós vem, senhor!
  
Amor me faz viver em coita tal,
10 por vós, senhor, si Deus de mal m'ampar!,
qual eu já nunca poderei mostrar,
mentre viver, pero nom punh'em al.
E a vós praz de coraçom por en,
porque me traj'Amor tam em desdém,
e faz-m'haver de mia morte sabor:
       tod'este mal me por vós vem, senhor!