Abrir menu principal

Pero me vós, donzela, mal queredes

Pero me vós, donzela, mal queredes
por Pero Garcia Burgalês


Pero me vós, donzela, mal queredes,
porque vos amo, conselhar-vos-ei
que, pois vos vós entoucar non sabedes,
que façades quanto vos eu direi:
buscade quen vos entouque melhor
e vos correga, polo meu amor,
as feituras e o cos que havedes.

E, se esto fezerdes, haveredes,
assí mi valha a mí Nostro Senhor,
bon parecer e bon talh', e seredes
fermosa muit'e de bõa coor;
se, cada que essa touca torcer-
-se, log'houverdes quen vos correger
as feituras, mui ben pareceredes.

Ai, mia senhor, por Deus, en que creedes,
pois que por al non vos ouso rogar,
pois sempr'a touca mal posta tragedes,
creede-mi do que vos conselhar:
en vez de vo-la correger alguén,
correga-vo-las feituras mui ben
e o falar, e senón, non faledes.