Abrir menu principal

Pois contra vós nom me val, mia senhor

Pois contra vós nom me val, mia senhor
por Pero Garcia Burgalês


Pois contra vós nom me val, mia senhor,
de vos servir, nem de vos querer bem,
maior ca mi, senhor, nem outra rem,
valha-me já contra vós a maior
coita que sofro por vós das que Deus
fezo no mund', ai lume destes meus
olhos e coita do meu coraçom!
  
E se me contra vós nom val, senhor,
a mui gram coita que me por vós vem,
per que perdi o dormir e o sem,
valha-me já contra vós o pavor
que de vós hei: que nunca ousei dizer
a coita que me fazedes haver,
que neguei sempr'há i mui gram sazom!
  
E se m'esto contra vós, mia senhor,
nom val, quer'eu a Deus rogar por en
que me valha, que vos em poder tem,
e que vos fez das do mundo melhor
falar, senhor, e melhor parecer.
E se m'esto contra vós nom valer,
nom me valrá log'i se morte nom!