Abrir menu principal

Pola verdade que digo, senhor

Pola verdade que digo, senhor
por Pero Garcia Burgalês


Pola verdade que digo, senhor,
me querem mal os mais dos que eu sei:
porque digo que sodes a melhor
dona do mund'; e verdade direi!
Já m'eles sempre mal podem querer
por aquesto, mais enquant'eu viver,
nunca lhes tal verdade negarei.
  
E mia senhor, enquant'eu vivo for
- se nom perder aqueste sem que hei,
mal pecado!, de que nom hei pavor
de o perder - e non'o perderei;
ca perderia, pelo sem perder,
gram coita que me fazedes haver,
senhor fremosa, des que vos amei.
  
E, mia senhor, quem vos nunca viu tem
que vos louv'eu por vos prazentear;
e Deus, senhor, nom me dê vos[so] bem,
nem outro bem que me podia dar,
se vos loo sobr'aquesto, senhor;
mais porquanto sodes vós a milhor
dona do mund': esto vos faz loar!