Abrir menu principal
Qual dona Deus fez melhor parecer
por Pero Garcia Burgalês


Qual dona Deus fez melhor parecer
e que fezo de quantas outras son
falar melhor e en melhor razón,
e con tod'esto melhor prez haver,
e máis mansa das que eu nunca vi,
aquesta fezo desejar a min
Deus, por ja máis nunca coita perder.

Non me fez Deus tal dona ben querer,
nen mi a mostrou se por aquesto non:
por haver eu eno meu coraçón
mui grave coita ja mentr'eu viver.
Por én, cativo, mal día nací
que viverei, mentr'eu viver, assí
por quen o nunca per min ha saber!

Nen ja per outre non o saberá,
ca eu a outre nunca o direi,
per bõa fe; mais atanto farei:
nega-lh'-ei sempr'ata que moira ja,
e se mi hom'adevinhar poder,
e pois a vir e tal esforç'houver
que lh'houvesse ren dizer, por si dirá!

Ca ben sei eu, u outra ren non ha,
que tal esforç'haverá qual eu hei
quando a vejo, que per ren non sei
que lh'i dizer; e el assí fará!
Se per ventura lhe dizer quiser
algũa ren, alí u estever
ant'ela, todo lh'escaecerá!

Ca pois vir, assí Deus a mí perdón,
o seu fremoso parecer, entón
demo x'o lev'o que lh'al nembrará!