Abrir menu principal
Quantos hoj'andan eno mar aquí
por Pai Gomes Charinho


Quantos hoj'andan eno mar aquí
cuidan que coita no mundo non ha
senón do mar, nen han outro mal ja.
Mais doutra guisa acontece hoje a mí:
     coita d'amor me faz escaecer
     a mui gran coita do mar, e tẽer

pola maior coita de quantas son
coita d'amor a quen a Deus quer dar.
E é gran coita de mort'a do mar,
mais non é tal, e por esta razón
     coita d'amor me faz escaecer
     a mui gran coita de mar, e tẽer

pola maior coita, per bõa fe,
de quantas foron, nen son, nen serán.
E estes outros que amor non han
dizen que non; mais eu direi qual é:
     coita d'amor me faz escaecer
     a mui gran coita do mar, e tẽer

por maior coita a que faz perder
coita do mar, que muitos faz morrer.