Abrir menu principal

Quantos hoj'eu con amor sandeus sei

Quantos hoj'eu con amor sandeus sei
por Pero Garcia Burgalês


Quantos hoj'eu con amor sandeus sei,
dizen, se Deus me leixe ben haver,
que a dona lhes fez o sén perder
melhor de quantas hoje no mund'ha.
Se verdade'é, sei eu dona ja,
     ca tal dona, si Deus a min perdón,
     non ha no mundo, se mia senhor non!

Aínda vos outra cousa direi:
a todos estes eu ouço dizer
que a melho-los fez ensandecer
dona do mundo, mais, se verdad'é,
logu'eu a dona sei, per bõa fe,
     ca tal dona, si Deus a min perdón,
     non ha no mundo, se mia senhor non!