Abrir menu principal
Que alongad'eu ando d'u iría
por Pero Garcia Burgalês


Que alongad'eu ando d'u iría
se eu houvesse aguisado d'ir i
que viss'a dona que veer querría,
(que non visse, ca por meu mal a vi!)
de que m'eu mui sen meu grado partí,
e mui coitad', e fui-s'ela sa vía
e fiquei eu, que mal día nací.

E que preto que min a min d'ir sería
u ela é, pero long'é d'aquí,
se soubesse que veer podería
ela, que eu por meu mal día vi.
Ca de-lo día en que a conhocí,
sempre lhe quige melhor toda vía
e nunca dela niun ben prendí.

Non lh'ousei sol dizer como morría
por ela, nen lho diz outre por min:
e con mia morte ja me prazería,
pois non vej'ela que por meu mal vi;
ca máis val morte ca morrer assí
com'hoj'eu vivo, e Deus que mi a podía
dar, non mi a dá, nen al que lh'eu pedí.

E por qualquer destas me quitaría
de mui gran coita que sofr'e sofrí
por ela, que eu vi por meu mal día,
máis fremosa de quantas dona vi.

Direi-a ja ca ja ensandecí:
Joana est'ou Sancha, ou María
a por que eu moiro e por que perdí

o sén; e máis vos end'ora diría:
Joan Cõelho sabe que é'ssi!