Que de ben mi ora podía fazer

Que de ben mi ora podía fazer
por Joán Airas


Que de ben mi ora podía fazer
Deus, se quisess'e non lhi custa ren!:
contar-mi os días que non passei ben
e dar-mi outros tantos a meu prazer
con mia senhor, ca, se Deus mi perdón,
os días que viv'hom'a seu prazer
     dev'a contar que viv'e outros non.

E mia vida non devo chamar
vida, mais mort', a que én eu passei
sen mia senhor, ca nunca led'andei
e non foi vida, mais foi gran pesar;
por én saben quantos no mundo son:
os días que viv'home sen pesar
     dev'a contar que viv'e outros non.

E os días que me sen mia senhor
Deus fez viver, passei-os eu tan mal
que nunca vi prazer de min nen d'al;
e esta vida foi tan sen sabor
e quen a julgar quiser con razón:
os días que viv'hom'a seu sabor
     dev'a contar que viv'e outros non.