Abrir menu principal

Que muit'há já que a terra nom vi

Que muit'há já que a terra nom vi
por Pero Garcia Burgalês


Que muit'há já que a terra nom vi
u est a mui fremosa mia senhor,
de que m'eu trist'e chorando parti
e muit'anvidos e mui sem sabor,
por que me disse que me partiss'en
a mia senhor e meu lum'e meu bem,
mais fremosa das donas que eu vi!
  
E, meus amigos, por meu mal a vi
das outras donas parecer melhor;
e fez-mi-a Deus veer por mal de mim,
meus amigos, ca, de pram, [n]a maior
coita do mundo viv'hoje por en,
como querer-lhe melhor doutra rem
e non'a ver, amigos, u a vi.
  
Mais u mi a Deus primeiro fez veer,
mais me valvera de morrer entom!
Pois que mi a Deus tam gram bem fez querer
que bem mil vezes, si Deus me perdom!,
esmoresco no dia, que nom sei
que me faço, nem que digo, tant'hei,
amigos, gram coita pola veer!