Abrir menu principal

Que olhos son que vergonha non am!

Que olhos son que vergonha non am!
por Juião Bolseiro


Que olhos son que vergonha non am!
dized, ' amigo d' outra ca meu non,
e dized' ora, se Deus vos perdon,
pois que vos já con outra preço dam,
com' ousastes [vós] viir ant' os meus
olhos, amigo, por amor de Deus?
C' a vós ben vos devia [a] nembrar
en qual coita vos eu já por mi vi,
fals' , e nembra[r]-vos qual vos fui eu i,
mais, pois con outra fostes começar,
com' ousastes [vós] viir ant' os meus
olhos, amigo, por amor de Deus?
Par Deus, falso, mal se mi gradeceu,
quando vós ouverades de morrer,
se eu non fosse, que vos fui veer,
mais, pois vos outra já de min venceu,
com' ousaste [vós] viir ant' os meus
olhos, amigo, por amor de Deus?
Non mi-á mais vosso preito mester
e ide-vos já, por nostro Senhor,
e non venhades nunca u eu for,
pois começastes con outra molher,
com' ousastes [vós] viir ant' os meus
olhos, amigo, por amor de Deus