Que sen mesura Deus é contra mí!

Que sen mesura Deus é contra mí!
por Vasco Gil


Que sen mesura Deus é contra mí!
Pois que me faz sempre pesar veer,
por que me leixa no mundo viver?
Mais pois me vejo que x'el quer assí,
     quant'eu oimais no coraçón tever,
     negar-lo-ei e direi-lh'al que-quer.

E quant'el sabe que me pesará,
poi-lo el faz por xe me mal fazer,
e por al non, quero-vos eu dizer,
se eu poder, o que lh'end'averrá:
     quant'eu oimais no coraçón tever,
     negar-lo-ei e direi-lh'al que-quer.

E des oimais non pod'el saber ren
de mia fazenda, se non devinhar,
pois el assí quer migo guerrejar.
Mais vedes que vo-lh'eu farei por én:
     quant'eu oimais no coraçón tever,
     negar-lo-ei e direi-lh'al que-quer.