Abrir menu principal
Se eu soubesse, u eu primeiro vi
por Pero Garcia Burgalês


Se eu soubesse, u eu primeiro vi
a mia senhor e meu lum'e meu bem,
que tanto mal me verria por en
como me vem, guardara-me log'i
de a veer, amigos, pero sei
ca nunca vira, nem vi, nem verei
tam fremosa dona com'ela vi.
  
Mais amigos, mal dia foi por mi,
pois me por ela tam gram coita vem
que bem mil vezes no dia me tem,
meus amigos, desjüizad'assi,
que nẽum sem nem sentido nom hei;
e quand'acordo, amigos, nom sei
nẽum conselho pois haver de mi.
  
Em tal coita qual m'oídes dizer
me tem, amigos, si Deus me perdom!,
des que a vi (que nom visse!) ca nom
vi nunca dona tam bem parecer,
nem tam fremoso, nem tam bem falar.
Por tal dona qual m'oídes contar,
moir'eu e nom lhe posso rem dizer.
  
Ca se a posso algũa vez veer,
quanto cuid'ante no meu coraçom
ca lhe direi, escaece-m'entom,
ca mi o faz ela tod'escaecer.
Tanto a vejo fremoso falar
e parecer, amigos, que nembrar
nom me posso senom de a veer.
  
E se me Deus quisesse dar seu bem
dela, já Lh'eu quitaria por en
seu paraís'e outro bem fazer.