Abrir menu principal
Senhor, per vós sõo maravilhado
por Pero Garcia Burgalês


Senhor, per vós sõo maravilhado,
porque vos pesa de vos bem querer;
e a Deus devo muit'agradecer
porque mi a esto, senhor, há chegado:
que vos vejo, por vos preguntar en
e por vos ar dizer log'outra rem:
ca vos nom quero bem pelo meu grado!
  
Mais, mia senhor, fui desaventurado
u me vos Deus fez primeiro veer,
que me nom fez log'i morte prender;
ca per aquesto fora eu guardado,
ou por perder, senhor, entom o sem:
ca nom temera vós despois, nem quem
hei a temer por vós, mao pecado!
  
E, mia senhor, por Deus, que mais loado
fez vosso prez pelo mundo seer
e vós das outras donas mais valer,
pois eu, cativo, desaconselhado,
sen'o meu grado vos quero gram bem,
dizede-me: por que vos pesa en?
Quand'eu, senhor, que mal dia fui nado,
  
nom atendo de vós, por que me vem
muito de mal, mentr'eu viver, por en
senom desej'e afã e coidado.