Senhor fremosa, pois m'hoj'eu morrer

Senhor fremosa, pois m'hoj'eu morrer
por Vasco Gil


Senhor fremosa, pois m'hoj'eu morrer
vejo assi, que contra vós gram bem
que vos quero nom me val nulha rem,
nem mui gram coita que por vós levei
des que vos vi, atanto vos direi:
e vedes que coita [hei] de sofrer!
  
E mia senhor, nom devia perder
eu contra vós por vos querer melhor
ca mim nem al, nem haver d'al sabor
senom de vós e de poder guarir
u vos vejo - e haver-m'a 'ncobrir
de vós e d'outre de mi o entender!
  
E, mia senhor, como vos eu disser
esto[u] de vós: des quando vos amei,
todo sabor do mundo perdud'hei
e nom mi ar pude doutra rem pagar
senom de vós; e convém-mi a guardar
de mi o saberdes, quant'eu mais poder.