Senhor fremosa, pois pesar havedes

Senhor fremosa, pois pesar havedes
por Vasco Gil


Senhor fremosa, pois pesar havedes
de que vos amo mais ca mim nem al,
direi-vos gram verdad'- e se nom, mal
me venha de vós que me mal queredes:
nom vos quer'eu, pelo meu grado, bem!
E mia senhor, pois que vos pesa en,
dizer-vos quer'eu a quem vos tornedes:
  
a vós, senhor, que tam bem parecedes,
e a quem vos fez parecer assi
- que quantas donas eno mundo vi
de parecer todas las vós vencedes
e de bom prez e de falar melhor.
E pois Deus tanto bem vos fez, senhor,
de vos amar nom me vos en queixedes.
  
Ca nom é em mim, mao meu pecado!,
nem quer Amor que m'en possa quitar,
nem Deus, senhor, nem vosso semelhar,
ca me têm de tal guisa forçado
que me vos fazem mui de coraçom
querer gram bem; e, si Deus me perdom!,
nom vos faç'i pesar pelo meu grado.
  
E, mia senhor, se Deus fosse pagado
d'eu de gram coita guardado seer,
nom me mostrara vosso parecer,
nem vós, senhor, que eu, mal dia nado,
por meu mal vi e destes olhos meus!
E pois vos vi, nunca despois quis Deus
que perdess'eu gram coita nem coidado!
  
E gram coita, como a perderei?
Pois que vos pesa porque vos amei,
sei, se viver, que viverei coitado.