Abrir menu principal
Senhor fremosa, pois vos vi
por Pero Garcia Burgalês


Senhor fremosa, pois vos vi,
houve tam gram coita d'amor
que nom fui ledo, nem dormi,
nem houvi doutra rem sabor,
sempre cuidando, mia senhor,
em vós, que fez Deus a melhor
dona de quantas donas vi.
  
Per bõa fé, entendo bem
aquest', e posso bem jurar,
senhor, e nom mentir por en,
ca nom vos [vou] prazentear;
mais quero-vos desenganar:
sobre todas vos quis Deus dar,
senhor, bondad'em todo bem.
  
E pois que assi est[e] já,
que vos Deus feze mais valer
de quantas outras no mund'há,
verdade vos quero dizer:
pero Deus meta seu poder
por outra tam bõa fazer
come vós, non'a fará já!