Abrir menu principal
Senhor fremosa, por Nostro Senhor
por Pai Gomes Charinho


Senhor fremosa, por Nostro Senhor
e por mesura e porque non ha
en min se non mort' (e cedo será)
e porque sõo vosso servidor
     e polo ben que vos quer'outrossí,
     ai, meu lume, doede-vos de min!

Por mercee que vos venho pedir
e porque sõo vosso e porque non
cato por al (nen sería razón)
e porque sempre vos hei a servir
     e polo ben que vos quer'outrossí,
     ai, meu lume, doede-vos de min!

Porque vos nunca podedes perder
en haver doo de min e por qual
vos fezo Nostro Senhor e por al
porque soub'eu qual sodes, conhocer
     e polo ben que vos quer'outrossí,
     ai, meu lume, doede-vos de min!

Por quan mansa e por quan de bon prez
e por quan aposto vos fez falar
Nostro Senhor e porque vos catar
fez máis fremoso de quantas el fez
     e polo ben que vos quer'outrossí,
     ai, meu lume, doede-vos de min!