Sueir'Eanes, nunca eu terrei

Sueir'Eanes, nunca eu terrei
por Pêro da Ponte


Sueir'Eanes, nunca eu terrei
que vós trobar non entendedes ben,
pois entendestes, quando vos trobei,
que de trobar non sabiades ren;
mais o trobar ond'estades melhor
(pero d'al non sodes tan trobador),
entendedes, quando vos troba alguén.

Entendestes un día ant'el-Rei
como vos meteron en un cantar
polo peior trobador que eu sei;
esto s'a vós nunca pode negar;
e por aquesto maravilho-m'eu
deste poder, que demo vo-lo deu,
por vós assí entenderdes trobar.

Ca vos vi eu aquí mui gran sazón
e non vos vi por trobador meter;
e ora non vos troban en razón
en que xi vos possa ren asconder,
se de mal trobador enmentan i,
que vós logo non digades: «A min
foi feit'aquel cantar de mal dizer».