Unha pastor se queixava
muit'estando noutro dia
e sigo medês falava
e chorava e dizia,
com amor que a forçava:
«Par Deus, vi-t'em grave dia,
ai amor!»
 
Ela s'estava queixando
como molher com gram coita,
e que a pesar des quando
nacera nom fora doita;
por em dezia chorando:
«Tu nom és senom mia coita,
ai amor!»
 
Coitas lhi davam amores
que nom lh'eram senom morte;
e deitou-s'antr'ũas flores
e disse com coita forte:
«Mal ti venha per u fores
ca nom és senom mia morte,
ai amor!»