Abrir menu principal

Chus mi tarda, mias donas, meu amigo

Chus mi tarda, mias donas, meu amigo
por João Garcia de Guilhade


Chus mi tarda, mias donas, meu amigo
que el migo posera
e crece-m'end'ũa coita tan fera
que non hei o cor migo
     e jurei ja que, ata que o visse,
     que nunca ren dormisse.

Quand'el houv'a fazer a romaría,
pos-m'un día talhado
que veesse e non ven, mal pecado!
hoje se compre o día.
     e jurei ja que, ata que o visse,
     que nunca ren dormisse.

Aquel día que foi de mí partido
el mi jurou chorando
que verría, e pos-mi praz'e quando;
ja o praz'é saído,
     e jurei ja que, ata que o visse,
     que nunca ren dormisse.